O primeiro que calquera se pode estar a preguntar: porque un blogue? Que é a bandeira literaria?
O noso presente tan meditizado por parte da imaxe fai que a letra sexa vista como algo arcaico ou inservíbel. Escribir liñas sería un exercicio vacío, destinado a perecer no fondo da Internet do formato de video curto, unha que prioriza ante todo a inmediatez e a conversa sobre o noso frenético presente. Eu son moi mozo para dicir que vivín un tempo distinto, que hai que retornar ao orixe da web dos blogues e os foros. Son fillo do Twitter, nunca X, e do Instagram, da web 2.0 en definitiva. Non podo, aínda que quixera xerar nostalxias, falar dun mundo que non vivín. Quizais un mellor narrador ca min podería obrar o conxuro, pero penso que a xente axiña identifica aos deshonestos.
Presentovós este o meu barco, izando a bandeira cara os ventos da inmediatez, reclamo con ela a perda do tempo mais fermosa que soubemos crear, a arte mais querida e odiada a parte iguais:
A escritura.
Chantados todos nós en verdades asumidas como imparables e as veces un tanto atrevidas. Cada época tivo a súa nova aparición artística ou pseudoartística, que pregonizaba a morte da anterior. Os usos eran cuestionados, tanto polos defensores do pasado, penso en Platón e a súa defensa do diálogo como forma superior a tese escrita para a filosofía, ou no presente, a Sora do OpenAI dicindo que todo se rematará para os debuxantes, e miren onde quedou (enlace).
As novidades sempre asustan, a súa forza pretende turra de todo o vello para dar luz a un novo mundo. Se ti, acusado de retardista ou antiprogresista, non te subes o carro acabaras sendo barrido da Historia. Mentiron. E o exemplo esta nestas verbas, a palabra segue a vivir moito mais agora que nunca, a pesares da chegada de múltiples artes que pretenderon obviala ou tratala de anticuada.
Non pretendo aburrir citando cifras macro da realidade dos libros, tan só quero que observen as súa librarías, tanto as que sobreviven a duras penas como as que son brutalmente absorbidas polos grandes conglomerados, que ben coñecen que hai negocio nelas. Cales son os seus libros mais vendidos? Cales son as palestras que xeran mais interese? Non falan acaso do noso mundo? Cantos clubes de lectura se conforman a diario, buscando crear unha comunidade dentro dos pavillóns dos Palacios de Papel? (grazas José Zafra). Cantos blogues como esta humilde morada, soben letras compostas, toda unha serie de obras que con extremado cariño fian os pensamentos de seres iguais a todos nós?
Ata quen vive no empobrecemento inducido por este sistema inxusto, pode sentir a forza que confire a palabra sobre o papel. Pode acusarse de perda de tempo. Que así sexa. Non escribo polo tempo, o beneficio ou o futuro, se calquera vén, benvido é, pero non se trata de perdurar ou triunfar . Logro saber con cada obra feita que fun capaz de chantar nun lugar o que na miña cabeza só era ruído. Ata o caos mais grande atopa neste xardín un lugar no que habitar e se fixo iso para min, quizais coa súa lectura provoque o mesmo nalguén mais.
Pero suficiente coas palabras douro, de que vai todo isto? Pretendo que cada certo tempo se vaia actualizando este blogue con textos sobre libros, películas, series, pensamentos...todo canto me cruce pola mente e que me guste compartir. A hostilidade do espazo dixital é en ocasións demasiado dura de levar, pretendo polo tanto traer con este barco novas de lonxes portos que quizais non visitachedes, na medida do posible evitando caer nos textos do odio. A crítica é fermosa, pois representa a honestidade da experiencia vivida por alguén, pero sen aleccionar. Non son inquisidor. Non cerro o espazo ao presente, pois habito nel é por suposto desexo de falar do que acontece, pero sen a presión do tempo que parece acelerado artificialmente nos nosos días. Tampouco o cerro a filosofía ou a historia, a fin de contas son os meus outros grandes amores.
Conclúo agradecendo que leras ata aquí ben querido/a lector/a. Arribo as velas, alzo cara o añil a bandeira negra e roxa que guía os meus pasos, marcho, que teño que marchar a buscar novas terras que visitar, coñecer e habitar.
A nosa estrela é a liberdade.